FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

 

Política de privacidade



1. Protección de datos persoais

Os datos recollidos a través dos formularios de recollida de datos do Sitio Web serán incorporados a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do que é responsable a FEMP.

Esta entidade tratará os datos de xeito confidencial e exclusivamente coa finalidade de xestionar a relación cos Usuarios. Así mesmo, a FEMP cancelará, borrará e/ou bloqueará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixaran de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos.

Premendo o botón «enviar» do correspondente formulario, o Usuario consinte de xeito expreso que os seus datos poidan empregarse para o envío de comunicacións comerciais por correo electrónico ou por calquera outro medio.

Nos formularios de recollida de datos, os campos sinalados con asterisco son obrigatorios polo que, no caso de que o Usuario non facilite os datos correspondentes, a FEMP poderá á súa discreción denegar o correspondente servizo.

O Usuario poderá revogar o consentimento prestado e exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose a tal efecto ao enderezo sinalado na cláusula 1 e indicando de xeito visible o concreto dereito que se exerce.

A FEMP adopta os niveis de seguridade requiridos polo Regulamento de Medidas de Seguridade aprobado polo Real Decreto 994/1999 de 6 de xuño. Non obstante, a seguridade técnica nun medio como internet non é inexpugnable e poden existir filtracións por actuacións dolosas de terceiros.

2. Comunicación de actividades de carácter ilícito e desaxeitado

No caso de que o Usuario ou calquera outro usuario de Internet tivera coñecemento de que os Sitios Enlazados remiten a páxinas cuxos contidos ou servizos son ilícitos, nocivos, denigrantes, violentos ou contrarios á moral poderá poñerse en contacto coa FEMP indicando os seguintes extremos:

a) Datos persoais do comunicante: nome, enderezo, número de teléfono e enderezo de correo electrónico;

b) Descrición dos feitos que revelan o carácter ilícito ou inadecuado do Sitio Enlazado;

c) No suposto de violación de dereitos, tales como propiedade intelectual e industrial, os datos persoais do titular do dereito infrinxido cando sexa persoa distinta do comunicante. Así mesmo, deberá aportar o título que acredite a lexitimación do titular dos dereitos e, no seu caso, o de representación para actuar por conta do titular cando sexa persoa distinta do comunicante;

d) Declaración expresa de que a información contida na reclamación é exacta.

A recepción por parte da FEMP da comunicación prevista nesta cláusula non suporá, segundo o disposto na Lei 34/2002, de 12 de outubro, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, o coñecemento efectivo das actividades e/ou contidos indicados polo comunicante.