A capacidade de cooperación dos Gobernos locais, unha oportunidade contra a crise
A capacidade de cooperación dos Gobernos Locais co resto das Administracións e coa sociedade é unha oportunidade para loitar contra a crise. Por iso, reclaman o espazo que lles corresponde como axentes dinamizadores e impulsores do emprego e do desenvolvemento sostible. Sobre esta idea inicial xirou o discurso pronunciado polo Presidente da FEMP, Pedro Castro, en foro de debate Nova Economía, celebrado hoxe en Madrid.
Tomando como referencia a data das próximas eleccións locais, o próximo 22 de maio, Pedro Castro dirixiuse ao auditorio -máis de 250 persoas e un nutrido grupo de xornalistas-, para afirmar que os Gobernos Locais son os garantes da cohesión social do territorio e de que é o momento de "unir as nosas forzas" e de poñer os intereses de España por enriba de calquera prioridade electoral.
O Alcalde de Getafe pediu ás Administracións, en especial ás Comunidades Autónomas, que impulsen acordos cos axentes económicos e sociais para potenciar a competitividade, dinamizar a economía e crear emprego en cada territorio. Eses acordos, en ámbito local, estarían liderados polos Concellos, "porque son os que mellor poden traducir os recursos en rendementos, dunha forma máis rápida,".
Pedro Castro, noutro momento da súa intervención, afirmou que os Concellos son os que están a mitigar os efectos máis perversos da crise, a pesar de que non teñen os recursos suficientes, prestando servizos básicos coa mesma calidade e en condicións de igualdade a todos os cidadáns.
O Presidente da FEMP recordou que os Gobernos Locais asumen gastos non obrigatorios que representan case o 26% do seu presuposto, a maior parte por asumir competencias que non son propias, e pediu un novo marco xurídico que clarifique as competencias locais e un novo modelo de financiamento abondo, xusto e previsible.
Neste marco, o Presidente da FEMP esixiu ás Comunidades Autónomas que cumpran o mandato constitucional de contribuír ao financiamento dos Concellos, a través das PICAs.
Enlace para ver o video da intervención de Pedro Castro:
Documentos relacionados_gl
(0.0Kb)
Enlaces relacionados