FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Aprobado o crédito de 131,5 millóns para sufragar os danos por catástrofes que xestionarán as Deputacións

O Consello de Ministros do 16 de abril aprobou a concesión do crédito extraordinario no presuposto do Ministerio de Política Territorial, por importe de 131.554.000 euros, para a concesión de subvencións destinadas a sufragar danos en infraestruturas e equipamentos municipais e na rede viaria das Deputacións Provinciais e Cabidos Insulares.

Esta medida está considerada no Real Decreto deste ano polo que se amplía o ámbito de aplicación da Lei, tamén de 2010, de medidas urxentes para paliar os danos producidos polos incendios forestais e outras catástrofes naturais acontecidas en varias Comunidades Autónomas.

As Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares serán as encargadas de coordinar e xestionar estas axudas, xunto co Ministerio de Política Territorial, segundo o acordo alcanzado o pasado 7 de abril na reunión celebrada neste Ministerio, na que participou a FEMP e á que asistiron, ademais de Delegados do Goberno de Comunidades Autónomas, varios Presidentes de Deputacións Provinciais, en concreto os de Barcelona, Toledo, Ourense, Salamanca, Córdoba, Albacete, Badaxoz, Cáceres, Guadalajara, Xaén, Málaga, Teruel e Zamora.