1. Condicións de uso do sitio WEB 1.1 Xeral O Usuario está obrigado a facer un uso correcto do Sitio Web de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal. O Usuario responderá fronte á FEMP ou fronte a terceiros, dos danos e prexuízos que se puideran causar como consecuencia do incumprimento da devandita obriga. Queda expresamente prohibido o uso do Sitio Web con fins lesivos de bens ou intereses da FEMP ou de terceiros ou que de calquera outro xeito sobrecarguen, danen ou inutilicen as redes, servidores e demais equipos informáticos (hardware) ou produtos e aplicacións informáticas (software) da FEMP ou de terceiros. 1.2 Contidos O Usuario comprométese a empregar os Contidos de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal, así como coas demais condicións, regulamentos e instrucións que, no seu caso, puideran ser de aplicación de conformidade co disposto na cláusula 1 deste Aviso Legal. Con carácter simplemente enunciativo, o Usuario de acordo coa lexislación vixente deberá absterse de: a) Reproducir, copiar, distribuír, poñer á disposición, comunicar publicamente, transformar ou modificar os Contidos salvo nos casos autorizados na lei ou expresamente consentidos pola FEMP ou por quen ostente a titularidade dos dereitos de explotación no seu caso. b) Reproducir ou copiar para uso privado os Contidos que poidan ser considerados como Software ou Base de Datos de conformidade coa lexislación vixente en materia de propiedade intelectual, así como a súa comunicación pública ou posta a disposición de terceiros cando estes actos impliquen necesariamente a reprodución por parte do Usuario ou dunha terceira parte. c) Extraer e/ou volver a empregar a totalidade ou unha parte substancial dos Contidos integrantes do Sitio Web así como das bases de datos que a FEMP poña á disposición dos Usuarios. 1.3 Formularios de recollida de datos Sen prexuízo do disposto na política de privacidade, o emprego de certos servizos ou solicitudes dirixidas á FEMP están condicionadas ao previo cumprimento do correspondente rexistro de Usuario. Toda a información que facilite o Usuario a través dos formularios do Sitio Web aos efectos anteriores ou calquera outros deberá ser veraz. A estes efectos, o Usuario garante a autenticidade de todos aqueles datos que comunique e manterá a información facilitada á FEMP perfectamente actualizada de xeito que responda, en todo momento, á situación real do Usuario. En calquera caso será o Usuario o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice e dos prexuízos que cause á FEMP ou a terceiros pola información que facilite. 2. Exclusión de responsabilidade 2.1 Da Información A FEMP non se responsabiliza das decisións tomadas a partires da información subministrada no Sitio Web nin dos danos e prexuízos producidos no Usuario ou terceiros por mor das actuacións que teñan como único fundamento a información obtida no Sitio Web. 2.2 Da calidade do servizo O acceso ao Sitio Web non implica a obriga por parte da FEMP de controlar a ausencia de virus, vermes ou calquera outro elemento informático daniño. Corresponde ao Usuario, en calquera caso, a dispoñibilidade de ferramentas axeitadas para a detección e desinfección de programas informáticos daniños. A FEMP non se responsabiliza dos danos producidos nos equipos informáticos dos Usuarios ou de terceiros durante a prestación do servizo do Sitio Web. 2.3 Da dispoñibilidade do Servizo O acceso ao Sitio Web precisa de servizos e subministracións de terceiros, incluídos o transporte a través de redes de telecomunicacións cuxa fiabilidade, calidade, continuidade e funcionamento non corresponde á FEMP. Polo tanto, os servizos proporcionados a través do Sitio Web poden ser suspendidos, cancelados ou resultar inaccesibles, con carácter previo ou simultáneo á prestación do servizo do Sitio Web. A FEMP non se responsabiliza dos danos ou prexuízos de calquera tipo producidos no Usuario que provoquen fallos ou desconexións nas redes de telecomunicacións que produzan a suspensión, cancelación ou interrupción do servizo do Sitio Web durante a prestación do mesmo ou con carácter previo. 2.4 Dos contidos e servizos enlazados a través do Sitio Web Os enlaces existentes no Sitio Web poden conducir ao usuario fóra da rede da FEMP. A FEMP non coñece os contidos e servizos dos sitios enlazados e, polo tanto, quedan fóra da súa responsabilidade os danos producidos pola ilicitude, calidade, desactualización, indispoñibilidade, erro e inutilidade dos contidos e/ou servizos dos Sitios Enlazados nin por calquera outro dano que non sexa directamente imputable á FEMP; os enlaces son proporcionados pola FEMP de boa fe e, polo tanto, non se fai responsable dos eventuais cambios nos sitios enlazados cos que establecen un enlace. Baixo ningún concepto, a existencia de Sitios Enlazados debe presupoñer a existencia de acordos cos responsables ou titulares dos mesmos, nin a recomendación, promoción ou identificación da FEMP coas manifestacións, contidos ou servizos proporcionados.
Subscrición ao Boletín informativo de Noticias
Nome *
Quén é *
Correo electrónico *
Idioma_gl *