FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

    Página 18 de 63    

A FEMP recomenda flexibilidade nos requisitos para a instalación de terrazas na vía pública

A FEMP recomendará aos Concellos que revisen as súas ordenanzas para permitir un maior desenvolvemento da actividade de terrazas de bares e restaurantes na vía pública. En concreto, aconsella que flexibilicen os requisitos para o seu establecemento, no que concirne aos períodos de tempo, espazos, modalidades de ocupación e normas sobre o mobiliario e outros elementos. A ...

Interior propón o límite de 30 Quilómetros por hora nas vías urbanas

A velocidade máxima permitida nas vías urbanas do centro das cidades limitarase a 30 quilómetros por hora, segundo anunciou o Director Xeral de Tráfico, Pere Navarro, na primeira xornada do Encontro de Cidades para a Seguridade Vial que ten lugar en Córdoba, organizado pola DGT e a FEMP.

O Goberno pon en marcha o Plan Nacional de Calidade do Aire coas CCAA e a FEMP

O Goberno, xunto coa FEMP e as Comunidades Autónomas comezarán a traballar de forma inmediata na elaboración dun Plan Nacional de Calidade do Aire para que poida estar aprobado en próximo mes de xullo. Así se acordou na reunión extraordinaria da Conferencia Sectorial de Medio celebrada hoxe, presidida pola Ministra Rosa Aguilar, na que tamén participou o Presidente da ...

A FEMP e AEVAL promoverán a calidade e a avaliación nos servizos públicos locais

A FEMP e a Axencia Estatal de Avaliación das Políticas Públicas e a Calidade dos Servizos (AEVAL) asinaron un convenio de colaboración para difundir e promover os procesos de calidade e avaliación na Administración Local. O acordo considera o intercambio de información, actuacións formativas e de divulgación e transferencias técnicas entre ambas as dúas entidades.

O Goberno estuda o primeiro informe sobre o anteproxecto de Lei do Goberno Local

O Goberno estudou hoxe no Consello de Ministros o primeiro informe do Vicepresidente Terceiro e Ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, sobre o Anteproxecto de Lei do Goberno e a Administración Local, que establecerá un novo marco normativo básico para o conxunto dos Gobernos Locais españois.

    Página 18 de 63