Grupo de traballo para realizar propostas de mellora da calidade do aire
A Conferencia Sectorial de Medio acordou, o 13 de xullo, a creación dun grupo de traballo de carácter político para seleccionar e fixar medidas concretas que contribúan a mellorar a calidade do aire. Nese grupo, formado por representantes do Ministerio e as Comunidades Autónomas, analizaranse e valorarán os traballos realizados polos equipos técnicos da FEMP, os Concellos ...
A FEMP non subscribirá convenios que poidan ter efectos sobre a competencia
A Comisión Executiva da FEMP acordou na súa reunión do pasado 11 de xullo que a Federación non subscribirá convenios ou acordos cos Consellos Superiores ou Xerais de Colexios Profesionais nos que se consideren cuestións que puidesen afectar á competencia, especialmente no que afecta a trámites para a obtención de licenzas municipais.
A Asemblea Xeral da FEMP celebrarase o 24 de setembro
A 10ª Asemblea Xeral da FEMP, na que se renovarán os seus órganos reitores, celebrarase o 24 de setembro en Madrid, segundo o acordo adoptado hoxe pola Comisión Executiva, polo que se pide ao Presidente a convocatoria para esa data da Asemblea Xeral.
A FEMP puxo en funcionamento, dende hoxe, o sitio Web www.asamblea.femp.es con toda a información imprescindible para seguir a 10ª Asemblea. Este portal ofrece, entre outros contidos, noticias, axenda de eventos e os documentos necesarios para os participantes no encontro. Neste sitio poderase consultar toda a información relevante que teña relación con este proceso.
O BOE publica o Real Decreto coa nova Liña ICO-Concellos e a regra de gasto
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica con data 7 de xullo de 2011 o Real Decreto que contén, entre outras medidas, a creación dunha nova liña ICO para facilitar o pagamento das débedas con empresas e autónomos contraídas polas Entidades Locais, así como a regra de gasto para a Administración Local.