FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Os destinos turísticos de calidade xa teñen a súa Guía


A Presidenta da Comisión de Turismo da FEMP e Alcaldesa de Eivissa, Lurdes Costa, e o Director Xeral de TURESPAÑA, Antonio Bernabé, presentaron en FITUR a Guía de Destinos SICTED, o Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, ao que están adheridas un total de 106 destinos, que nalgúns casos agrupan varios municipios, e case 6.000 empresas españolas.





A Guía recolle o esforzo realizado na promoción e posicionamento dos municipios, provincias e empresas comprometidos coa calidade turística e trátase dunha iniciativa que partiu do convenio de colaboración asinado entre a FEMP e Turespaña para a xestión do SICTED no ano 2011.

Presentada en formato dixital para que a súa actualización anual (inclusión de novos destinos adheridos e empresas distinguidas) sexa rápida, sostible e pouco custosa, a Guía integra aos 106 destinos adheridos a día de hoxe ao SICTED, incluíndo unha breve descrición de cada un deles, imaxes dos seus atractivos turísticos e un listado de empresas distinguidas, no que se inclúen os principais datos de contacto co obxecto de colaborar na súa promoción.

O formato do documento posibilita a selección dos destinos por CCAA, Provincia ou Municipios, coa finalidade de que cada entidade poida elaborar as súas propias ferramentas promocionais.

O Director Xeral de Turespaña, Antonio Bernabé, puxo de manifesto que o turismo segue crecendo a pesar da crise e que esta industria volve ser un sector con moito futuro, onde a calidade xoga un papel cada vez máis fundamental. Antonio Bernabé apuntou que en 2010 o sector volveu xerar emprego e que xa se están a recuperar mercados principais como o británico e alemán. "As perspectivas son positivas -apuntou- e aproveitalas depende da experiencia adquirida e da calidade que poidamos achegar".


Precisamente neste reto da calidade onde a Guía de SICTED visualiza o esforzo de moitos municipios e das empresas que traballan por prestar un servizo "excelente", sinalou Bernabé, que apostan por unha actividade que pon en valor o patrimonio de cada destino, ademais de xerar riqueza e emprego.

Pola súa banda, Lurdes Costa apostou por que o sector empresarial e as institucións e administracións sigan traballando da man, "paira dar a coñecer máis o sorriso do SICTED" e, desta forma, incrementar o número de destinos adheridos a este sistema e fidelizar aos visitantes a estes.

Premios SICTED

Tras a presentación da Guía, tivo lugar a entrega dos premios SICTED, nas súas dúas categorías de "xestor" e de "destino". Na primeira delas, resultou gañadora Olga Pérez Picchi, xestora do destino Córdoba, e finalistas os xestores de Pamplona e de Gijón.

Na categoría de destinos, o primeiro premio foi concedido á cidade de Donostia - San Sebastián, e como finalistas quedaron a cidade de Gijón e a Costa de Barcelona - Maresme.

Novos destinos adheridos

Outro dos obxectivos principais da FEMP, tras a firma do convenio de colaboración con TURESPAÑA, é fomentar a adhesión de novos destinos para dispoñer da maior representación territorial posible. Nestes momentos en proxecto conta con presenza de Entidades Locais de todas as Comunidade Autónomas, cunha tipoloxía turística moi diversa o que pon de manifesto o alto grao de implantación do SICTED en todo o territorio

Os novos destinos adheridos en 2011 foron a Illa de Gran Canaria; o municipio de Artá (Mallorca); a comunidade Terras do Gran Lago de Alqueva, integrada por municipios da provincia de Badaxoz; e a Rede Patrimonia, na que están 23 municipios de Andalucía.