FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Apoio unánime dos Gobernos Locais ao Acordo sobre Sostibilidade das Finanzas Públicas


Os Gobernos Locais deron o seu apoio, de forma unánime, ao acordo para a sostibilidade das finanzas públicas para o período 2010-2013, e a senda de déficit para os devanditos exercicios, durante a sesión celebrada hoxe da Subcomisión de Réxime Económico, Financeiro e Fiscal da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL).


Os representantes locais mostraron o seu apoio a estas medidas por responsabilidade e compromiso coas demais Administracións Públicas e co conxunto do país, nuns momentos nos que é necesario o esforzo e a contribución de todos.

O Acordo coas Corporacións Locais para a Sostibilidade das Finanzas Públicas, aprobado polo Consello de Ministros o pasado 20 de maio, prevé unha senda de déficit para o conxunto das Entidades Locais dun 0,5% para o exercicio de 2009, un 0,6 para 2010, un 0,8 para 2011, un 0,3 para 2012 e un 0,2 para 2013.

O acordo sinala igualmente que as Entidades Locais asumirán unha redución adicional de 200 millóns de euros para o exercicio de 2011.

A Comisión Nacional de Administración Local (CNAL), é un órgano de encontro entre a Administración Xeral do Estado e as Entidades Locais, e está integrada por representantes do Goberno e da FEMP