FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

A Rede do Clima da FEMP aposta polo coche eléctrico para loitar contra o cambio climático


O Alcalde de Vigo e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero, afirmou que a implantación do coche eléctrico pode ser un "paso de xigante" na loita contra o cambio climático que levan a cabo as cidades españois, porque pode resolver en boa medida os problemas de mobilidade e de emisións de gases de efecto invernadoiro que se producen no ámbito urbano. Estas afirmacións realizounas na inauguración da VI Asemblea da Rede que preside e que se está a celebrar na cidade da que é Alcalde.



Abel Caballero cualificou como de "momento histórico" a aparición do coche eléctrico e afirmou que a súa implantación definitiva e efectiva só será posible coa cooperación de todas as Administracións e os axentes privados que interveñen no seu desenvolvemento. O Alcalde e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima animou a todos os Concellos españois a que contribúan a que o coche eléctrico sexa unha alternativa real, coa regulamentación oportuna, fronte a outras alternativas que "non" están a funcionar tan ben" como a de conseguir que os ciudadadnos deixen na casa en vehículo privado.

Noutro momento da súa intervención sinalou que malia a situación económica, os Concellos "debemos manter o listón alto"en as medidas contra o cambio climático, "porque a crise non pode ser un argumento", por iso animos aos seus colegas municipais a que esta prioridade non decaia. Ao mesmo tempo, volveu recordar que a Rede que preside é un exemplo de colaboración co Goberno central, "que se cita en todas as partes", e que a partir de agora hai que trasladar ese modelo de colaboración tamén coas Comunidades Autónomas.


A Secretaria de Estado de Cambio Climático, Teresa Ribera, apuntou pola súa banda que hai nestes momentos outros indicadores máis alá do PIB que deben terse en conta, como o consumo enerxético e o control de emisións de gases de efecto invernadoiro, a calidade do aire e a saúde, a biodiversidade, os residuos ou a calidade da auga. Valores todos eles, engadiu, que teñen que ver moito co que fan os Concellos. Teresa Ribera tamén falou da necesidade de "sumar esforzos" dende todas as Administracións e de "aterrar" con solucións concretas, como a apuntada do vehículo eléctrico. Un dos obxectivos é, segundo afirmou, que nunha sociedade de consumo como a nosa, o que ao final consumamos "sexa o máis eficiente e limpo, o máis sostible posible".


Regina Polín, Alcaldesa de Gutiriz e Presidenta da Rede Galega de Concellos pola Sostibilidade subliñou que se emiten "demasiados problemas á atmosfera" e que os cidadáns utilizan "en exceso" o coche e deixamos outros transportes máis ecolóxicos como o tren, que en Galicia, dixo "necesita ser máis utilizado e ofrecer mellores servizos".
Mentres, José Masa, alcalde de Rivas-Vaciamadrid e vicepresidente da Rede, afirmou que resulta fundamental dende os Concellos "impulsar políticas que chegan a cidadáns e permiten incorporar a sostibilidade ao ámbito máis próximo".
Ao seu xuízo, "a crise económica e o momento que atravesan as economías dos municipios pon en dificultade algo que tenia que vir doutras instancias administrativas en forma de subvencións". Pero polo menos, segundo subliñou, a Rede da FEMP está a conseguir que os cidadáns sexan conscientes dese problema.


O acto sobre vehículo eléctrico, celebrado no marco da Asemblea da Rede, participaron representantes e expertos dos Ministerios de Medio e Medio Rural e Mariño, e de Industria, Turismo e Comercio, xunto a fabricantes de vehículos eléctricos, operadores do sistema eléctrico e políticos e técnicos de varios Concellos españois, co fin de analizar e avaliar as políticas postas en marcha nos municipios españois neste campo.


No transcurso da Asemblea da Rede tamén se procedeu á entrega dos galardóns do III Premio ás Boas Prácticas Locais polo Clima, creado para recompilar e recoñecer as melloras actuacións realizadas durante os últimos anos polos Gobernos Locais españois no campo da mitigación e adaptación ao cambio climático.
A reunión de Vigo, cidade da que é Alcalde o actual Presidente da Rede, Abel Caballero, é a sexta das Asembleas, tras as celebradas en Santander, o pasado mes de xuño deste mesmo ano, en Rivas Vaciamadrid (2009), Donostia - San Sebastián (2008) e Gijón (2006).
Unha traxectoria de cinco anos
A Rede Española de Cidades polo Clima da FEMP foi creada en xuño de 2005 co obxectivo principal de reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro nos municipios. A constitución desta Rede foi consolidada coa firma ese mesmo ano do acordo marco de colaboración co Ministerio de Medio e Medio Rural e Mariño, que a recoñece como instrumento de traballo e coordinación para levar a cabo actuacións conxuntas co Goberno en materia de sostibilidade urbana. Dende entón, non parou de crecer, ata chegar ás 300 Entidades Locais asociadas que suman no seu conxunto case 28 millóns de habitantes.
Durante estes cinco anos realizou un intenso labor de coordinación e apoio técnico aos municipios adheridos, ademais de facilitarlles ferramentas para poñer en marcha iniciativas en materias como a redución de emisións, eficiencia enerxética, transporte menos contaminante ou xestión de residuos, entre outras.
Entre os documentos e traballos máis destacados figura a elaboración dunha Guía de Xestión de Residuos Municipais e Limpeza Viaria, a Estratexia Local de Cambio Climático, o Primer e Segundo Informe sobre as Políticas de Loita contra o Cambio Climático ou a Ferramenta para a Xestión da Enerxía e a Auga en Instalacións e Servizos Municipais.

Tamén elaborou materiais divulgativos para que os Concellos poidan realizar campañas de concienciación cidadá de loita contra o cambio climático, entre os que destaca o documental audiovisual Somos Capaces e o vídeo de presentación da Rede Podemos conseguirlo.
Os Concellos, pola súa banda, desenvolveron ordenanzas e plans para alcanzar os obxectivos da Rede e a sostibilidade nos seus municipios. En materia de aforro e eficiencia enerxética, aprobaron ordenanzas de fomento da enerxía solar, ordenanzas de iluminación pública eficiente e plans de optimización enerxética dos edificios e instalacións municipais; tamén se introduciron bonificacións nas ordenanzas fiscais por motivos de protección do medio, especialmente en relación co consumo de enerxía; e creáronse axencias ou oficinas de enerxía locais, entre outras iniciativas.
No terreo da mobilidade sostible, as actividades dos Concellos destacaron polo seu labor no fomento do transporte público colectivo, a construción de carrís bici, ou a diminución do impacto ambiental do transporte público e do parque móbil municipal, así como polo fomento dos desprazamentos a pé.