FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

As cidades, no III Foro Mundial da Alianza de Civilización


"Facer fincapé na importancia de aplicar os obxectivos da Alianza a nivel nacional e local, en colaboración con todos os niveis de goberno e a sociedade civil, a través da aplicación de plans nacionais para o diálogo intercultural" foi unha das conclusións alcanzadas por representantes de todo o mundo no III Foro Mundial da Alianza de Civilizacións, no que, unha vez máis se puxo de relevo o papel dos Gobernos Locais e Rexionais.


As cidades, no III Foro Mundial da Alianza de Civilizacións
As comunidades urbanas son cada día máis heteroxéneas e diversas; esa diversidade é un dos factores cos que a propia cidade acaba contando para establecer novos modos de convivencia e obter bos rendementos sociais, económicos e culturais. Sobre esta premisa asentáronse os debates da sesión "Convivindo en sociedades urbanas", un espazo destinado de xeito específico ao papel das cidades no marco do Terceiro Foro Mundial de Alianza de Civilizacións, de Nacións Unidas. A FEMP estivo representada polo Alcalde de Sevilla, Alfredo Sánchez Monteseirín. Na súa intervención, o representante español intervención reivindicou o papel activo dos Gobernos Locais na iniciativa Alianza de Civilizacións, tal e como xa se recoñeceu hai dous anos no Primeiro Foro desta, e como se ratificou no memorando de entendemento entre a Alianza e a organización municipalista mundial Cidades e Gobernos Locais Unidos (CGLU).

Para o Alcalde de Sevilla, as cidades xogan un papel fundamental na promoción do diálogo intercultural e na concepción da diplomacia de cidades como un instrumento para promover o diálogo entre culturas. Ademais, segundo puntualizou na súa intervención, son numerosas as áreas de xestión municipal -xuventude, educación, migracións ou xestión de diversidade relixiosa- nas que se producen actuacións orientadas a favorecer ese diálogo. Engadiu que a dimensión local da Alianza se xustifica nunha terceira razón: a implementación de políticas públicas "xa non é cuestión dun único nivel de goberno senón que discorre por escenarios multinivel -goberno multinivel- que requiren da participación dos diferentes escenarios gobernamentais para a consecución de bos resultados".
O III Foro Mundial da Alianza de Civilizacións clausurouse a primeira hora da tarde do 29 de maio, tras recoller os debates dunha ducia de sesións de traballo e varios plenarios nas que se abordaron cuestións como a diversidade cultural como camiño cara á paz, o reforzamento do protagonismo feminino a través da cultura, a redución do paro e o empobrecemento en tempos de crise, a historia como ferramenta de cooperación cultural, o diálogo de civilizacións e o establecemento dunha nova orde mundial, ou o papel dos líderes relixiosos na promoción da paz e os dereitos humanos, entre outras.