FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Os Concellos, comprometidos coa eficiencia enerxética


Os Concellos españois están a desenvolver medidas para mellorar a eficiencia enerxética en aspectos como a climatización centralizada ou o illamento térmico de edificios, tal e como afirmou a Secretaria Xeneral da FEMP, Isaura Leal, no acto inaugural da feira Inmoenergética, que se celebra entre hoxe e mañá no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga.



A Secretaria Xeral da FEMP sinalou que os Concellos están a aplicar medidas específicas para mellorar a eficiencia enerxética en aspectos como a climatización centralizada ou o illamento térmico de edificios.

"Ademais -engadiu- veñen realizando un importante esforzo para obter a certificación enerxética das súas dependencias e instalacións municipais, co fin de lograr un importante aforro enerxético e económico,". Referiuse tamén ás Axencias Locais de Enerxía e ao compromiso local na loita contra o cambio climático.

O primeiro Salón da Eficiencia Enerxética na Edificación, Inmoenergética, reúne a institucións, empresas, profesionais e expertos nesta cuestión. No acto de apertura, os asistentes puideron coñecer as políticas que actualmente se levan a cabo dende as Administracións Públicas para o aforro e a eficiencia enerxética a través dos representantes da FEMP, o Concello de Málaga, a Consellaría de Economía, Innovación e Ciencia da Xunta de Andalucía, e a Universidade de Málaga.

A Feria Inmoenergética ofrece unha serie de Xornadas Técnicas en cuxo marco está prevista a presentación de importantes experiencias levadas a cabo dende diversos municipios españois, así como propostas formuladas dende empresas de enerxía, universidades e colexios profesionais e boas prácticas de utilidade para a eficiencia enerxética. Inmoenergética conta tamén cunha parte expositiva, na que diversas empresas mostrarán os últimos produtos, servizos e solucións para facer edificacións enerxeticamente máis eficientes.