FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

As medidas de acceso ao crédito para as Entidades Locais entrarán en vigor en xaneiro de 2011


As medidas en materia económico financeira das Entidades Locais, recollidas no Real Decreto-Lei de medidas extraordinarias para a redución do déficit público, entrarán en vigor en 1 de xaneiro de 2011 e serán de aplicación ata o 31 de decembro dese mesmo ano. Así aparece recollido na corrección de erros que hoxe publica o Boletín Oficial do Estado, e que vén a modificar o punto Dos do Artigo 14 do Real Decreto-Lei.


O texto orixinal sinalaba que esta normativa estaría vixente dende hoxe ata o 31 de decembro do próximo ano. A corrección de erros acouta agora o prazo de aplicación da medida ao próximo ano e indica, textualmente, que as primeiras palabras dese punto Dos han de ser: "A partir do 1 de xaneiro de 2011 e ata 31 de decembro de 2011.....".

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)