A débeda das Entidades Locais descende ao 3,4% do PIB
A débeda das Entidades Locais descendeu unha décima respecto ao PIB no terceiro trimestre de 2010, en relación ao segundo trimestre, segundo o último Boletín estatístico do Banco de España, coñecido hoxe.
En concreto, a débeda das Entidades Locais era de 36.226 millóns de euros, dos cales, 29.127 millóns de euros correspondían a Concellos. Isto supón un descenso de 295 millóns de euros respecto aos datos do segundo trimestre, un 0,8% menos; deles os 234 millóns de euros corresponden aos Concellos.
Deste modo, a débeda do conxunto das Administracións Públicas, representa o 57,7% do PIB. Desa porcentaxe, o 44,1% corresponde á Administración Central, o 10,2% ás Comunidades Autónomas e o 3,4% ás Entidades Locais.
Documentos relacionados_gl
(0.0Kb)
(0.0Kb)