FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Aprobada a distribución do fondo de apoio á acollida e a integración de inmigrantes


O Consello de Ministros aprobou os obxectivos e a distribución do crédito presupostario de 66,6 millóns de euros do Fondo de Apoio á acollida e a integración dos inmigrantes. O Goberno destaca que o reforzo educativo e o papel dos municipios na aplicación deste fondo continúan sendo prioritarios.


O Consello de Ministros aprobou os obxectivos e a distribución do crédito presupostario de 66,6 millóns de euros do Fondo de Apoio á acollida e a integración dos inmigrantes. O Goberno destaca que o reforzo educativo e o papel dos municipios na aplicación deste fondo continúan sendo prioritarios.
Con esta dotación presupostaria preténdese financiar as actuacións que realicen as Comunidades Autónomas para fomentar o desenvolvemento de políticas de integración das persoas inmigrantes nos ámbitos de acollida; integración nos eixes de emprego, vivenda, servizos sociais, saúde, infancia e xuventude, igualdade de trato, muller, participación, sensibilización e desenvolvemento, e reforzo educativo.
Ademais do Estado, as Comunidades Autónomas e tamén as Entidades Locais teñen competencias en áreas clave para a integración, tales como o emprego, a educación, a saúde, os servizos sociais ou a participación cívica. Por iso, o 40% deste fondo debe ir destinado en cada Comunidade Autónoma, ás políticas de integración no ámbito local.
Criterios de distribución
En canto aos criterios de distribución, a contía total que se distribúe entre as Comunidades Autónomas realízase en tres partidas:


39.637.824 euros para Acollida e Integración.
· 26.425.216 euros para Reforzo Educativo.
· 536.960 euros para Atención a menores estranxeiros non acompañados desprazados dende Canarias.
En Acollida e integración establécese unha asignación básica para cada autonomía (10 por 100) en aplicación dun criterio de solidariedade interterritorial e co fin de que as Comunidades con presenza menor de inmigrantes conten cunha achega estable.
Ademais, establécese un 25 por 100 a unha partida de "situacións especiais" que responde á maior presión migratoria de entrada que soportan algunhas Comunidades pola súa situación xeográfica: Andalucía, Illes Balears, Canarias, Catalunya, Comunidade Valenciana, Comunidade de Madrid e Murcia, así como as Cidades Autónomas de Ceuta e Melilla. A cantidade restante asígnase en función da poboación inmigrante empadroada, o número de traballadores inmigrantes afiliados á Seguridade Social e o número de traballadores inmigrantes do Réxime Especial Agrario.
En canto á partida de Reforzo Educativo asígnase en función dos seguintes criterios: o número total de alumnado inmigrante escolarizado en ensino non universitario por Comunidade Autónoma e o número de alumnado inmigrante escolarizado en ensino non universitario procedente de países non castelanfalante por Comunidade Autónoma.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)