FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Goberno aproba as medidas extraordinarias para a redución do gasto público


O Consello de Ministros aprobou un Real Decreto Lei que contén as medidas extraordinarias para reducir o gasto público, entre as que se inclúe unha rebaixa do soldo dos empregados públicos de entre un 0,56% e un 7%. As medidas aprobadas producirán un recorte do déficit público de 15.250 millóns en dous anos. Ademais, modifican os acordos marco con Comunidades Autónomas e Entidades Locais.


O recorte salarial para os empregados públicos aprobado polo Consello de Ministros oscilará entre o 0,56% e o 7% dependendo do grupo e nivel, e aplicarase tanto ao salario base coma á antigüidade a partir da nómina de xuño próximo.

No caso dos empregados de Comunidades Autónomas e Concellos, baixarase o 2% o salario base, mentres que o outro 3% se aplicará ás retribucións complementarias.

Respecto á modificación dos acordos marco coas Comunidades Autónomas e con lasEntidades Locais, o Rel Decreto Ley prevé un aforro de 1.200 millóns de euros, dos cales, mil corresponderán ás Comunidades Autónomas e douscentos ás Entidades Locais.

Así mesmo, o RD establece que no ámbito das Entidades Locais se mellorará o control económico financeiro e aprazaranse as operacións de endebedamento a longo prazo ata 2012.

Na rolda de prensa posterior o vicepresidente segundo do Goberno, Elena Salgado, explicou que a medida non ten carácter retroactivo, polo que a paga extraordinaria de xuño non se verá afectada, dado que xa foi practicamente percibida, segundo informa a axencia Efe.

Do recorte total que se levará a cabo en 2010, o 30% restarase da paga extra de decembro, en tanto que o 70% restante se repartirá entre as sete nóminas que se cobrarán entre xuño e decembro.

A rebaixa salarial chegará ao 8% no caso dos directores xerais, ao 9% no dos subsecretarios e ao 10% para os secretarios de Estado, en tanto que os ministros, os vicepresidentes e o presidente do Goberno se rebaixarán o seu salario o 15%.

O recorte mínimo, do 0,56%, será para os traballadores do grupo E, do 2,75% para o C2, do 4,5% para o C1, do 5,75% para o A2 e do 7% para o A1.

Así mesmo, dentro da Administración Xeral do Estado tanto os complementos específicos coma o de destino reduciranse nun 5%, menos no caso do grupo E, para o que baixará só o 1%.

Para o persoal laboral das Administracións Públicas previuse unha baixada media do 5%, aínda que terá que negociarse "se se desexa incorporar progresividade".

Segundo dixo Salgado, o aforro que as entidades locais consigan coa redución dos gastos de persoal utilizarase para reducir o endebedamento e financiar investimentos.

Por outra parte, haberá outros ámbitos do Estado, como o Consello de Estado e os órganos superiores de Xustiza, cuxos membros se baixarán o salario entre o 7 e o 8%.

No caso dos empregados de comunidades autónomas e concellos, baixarase o 2% o salario base, mentres que o outro 3% se aplicará ás retribucións complementarias.

Segundo dixo Salgado, o aforro que as entidades locais consigan coa redución dos gastos de persoal utilizarase para reducir o endebedamento e financiar investimentos.

Por outra parte, haberá outros ámbitos do Estado, como o Consello de Estado e os órganos superiores de Xustiza, cuxos membros se baixarán o salario entre o 7 e o 8%.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)