FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

O noveno mandato local arranca coa constitución dos Concellos


A gran maioría dos municipios españois contan dende hoxe, 11 de xuño, cos novos Concellos xurdidos das eleccións celebradas o pasado 22 de maio. A constitución das casas do concello e a toma de posesión dos novos Alcaldes e Alcaldesas transcorreron con normalidade en todo o territorio nacional.




Ao redor de oito mil Concellos xa teñen novos de equipos de goberno, tras o correspondente pleno de constitución e elección do primeiro edil. Noutros, non obstante, haberá que esperar a primeiros de xullo, mentres a xustiza resolve os recursos presentados. É o caso de Barcelona, Girona ou Santiago de Compostela, entre os casos máis destacados, ademais da Asemblea de Melilla.

Na maioría dos Concellos -6.536 dos 8.116 existentes-, non foi necesario recorrer aos pactos ou a aplicar a norma da lista máis votada, posto que os resultados electorais deron maioría absoluta a unha candidatura.

A falta das dúas capitais catalás -Barcelona e Tarragona-, que presumiblemente irán ás mans de CiU, o PP goberna a partir de hoxe en 34 capitais de provincia, mentres o PSOE o fai en 9, o PNV en Bilbao, Bildu en Donostia-San Sebastián, o BNG en Pontevedra e Coalición Canaria en Santa Cruz de Tenerife.