FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Antoni Fogué defende o rol dos Gobernos Locais Intermedios


O Presidente da Comisión de Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares da FEMP, Antoni Fogué, Presidente da Deputación de Barcelona, defendeu o rol dos gobernos intermedios como provedores de valor engadido aos recursos públicos, a través da prestación de servizos de calidade e asesoramento técnico aos municipios, que logo teñen unha repercusión directa nos cidadáns.


O Presidente da Deputación de Barcelona afirmou que os novos retos dos Gobernos Locais Intermedios se centran, por un lado, na consecución dunha "nova arquitectura local" que conteña un marco competencial acorde coa realidade e un novo sistema de financiamento coherente con ese marco competencial; e por outro, avanzar no traballo en rede e o goberno multinivel para evitar duplicidades, e, finalmente, afondar na busca de novos marcos de cooperación entre o público e o privado para aproveitar as sinerxías que se crean nos territorios.