FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Política Territorial adxudica 50 millóns a 2.470 municipios de menos de 20.000 habitantes


O Ministerio de Política Territorial anunciou a adxudicación a 2.470 Concellos de 50 millóns de euros correspondentes ao Fondo Especial de financiamento a favor dos municipios con poboación non superior a 20.000 habitantes, incluído nos Presupostos Xerais do Estado para 2010. O Ministerio adianta este ano o libramento deste fondo para axudar aos Concellos a afrontar a situación económica actual e dotalos de maior liquidez


Con este fondo, o Goberno compensa os ingresos dos municipios con menor poboación e cun coeficiente fiscal medio, segundo datos da última liquidación definitiva practicada, superior a 1, para que poidan alcanzar unha participación en tributos do Estado de 140,41 euros por habitante. A finalidade do fondo é reforzar a capacidade financeira dos concellos máis pequenos sen condicionala a ningún fin específico.

Segundo establece a resolución da Dirección Xeral de Cooperación Local, o número de municipios beneficiarios elévase a 2.470. A lista completa pode consultarse na páxina web do Ministerio de Política Territorial (www.mpt.es).

A cantidade asignada a cada municipio corresponde á compensación necesaria para que alcance a media de 140,41 euros por habitante en participación en tributos do Estado en concepto de entregas a conta.

Dos 2.470 municipios que obterán parte deste fondo:

- 60 percibirán subvencións superiores aos 100.000 euros.
-1.048, entre 10.000 e 100.000 euros.
- 987, entre 1.000 e 10.000 euros.
- 375 municipios terán unha achega inferior a 1.000 euros

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)