FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Publicados os proxectos que serán cofinanciados na convocatoria 2011 de FEDER e FES


O Boletín Oficial do Estado publica na súa edición do primeiro de xullo a resolución das convocatorias 2011, de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e do Fondo Social Europeo (FSE). Ambos os dous fondos achegarán un total de 343,3 millóns de euros para financiarana no noso país un total de 120 proxectos.




As axudas do FEDER diríxense a cohesionar o territorio a través de proxectos integrados de rexeneración urbana e rural e a reforzar a participación cidadá na xestión dos asuntos públicos e na mellora dos servizos locais. Á convocatoria 2011 presentouse un total de 134 proxectos por un importe de case 848 millóns de euros -unha cantidade moi superior á prevista-. Os proxectos seleccionados, que quedan recollidos no BOE, son 61, afectan a 43 Entidades, e supoñen un importe total de 364,68 millóns de euros, dos que 262,4 millóns será axuda FEDER.

En canto ao FSE, as axudas diríxense a mellorar a calidade de vida, contribuír á creación de emprego, o desenvolvemento económico e a cohesión económica e social no ámbito local -de conformidade coas estratexias e políticas de emprego e solidariedade da UE-. A axuda de case 81 millóns de euros cofinancia un investimento total de máis de 100 millóns, e permitirá executar 59 proxectos asignados a outras tantas entidades.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)

Nota

(0.0Kb)