FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Aprobada a subvención para gastos de funcionamento dos Xulgados de Paz


O Consello de Ministros, na súa reunión do 7 de maio, aprobou un crédito de 3.310.580 euros destinado a subvencionar os Concellos polos gastos de funcionamento dos Xulgados de Paz. Este crédito estaba previsto na Lei de Presupostos Xerais do Estado para o ano 2010.


A subvención vén a dar cumprimento ao mandato do artigo 52 da Lei de Demarcación e Planta Xudicial. O módulo para a distribución das subvencións aos Concellos é o de poboación de dereito de cada municipio. Os tramos establecidos son os seguintes: para municipios de entre 1 e 499 habitantes, a contía anual é de 489 euros; para municipios de entre 500 e 999, ascende 904 euros; entre 1.000 e 2.999, de 1965 euros; entre 3.000 e 4.999 habitantes, de 2.434 euros; entre 5.000 e 6.999, é de 3.008 euros; e para os de 7.000 en diante 3.480 euros.


Este acordo establece que, segundo o disposto na Lei de Presupostos de 1993, os Concellos dos municipios integrantes de cada unha das agrupacións de secretarías de xulgados de paz (constituídas conforme ao disposto na Lei de Demarcación e Planta Xudicial) percibirán o 50 por 100 da cantidade que, por poboación de dereito, lles corresponda.


O 50 por 100 restante pasará a incrementar a cantidade que, en función de poboación do seu dereito, corresponda aos concellos sedes das citadas agrupacións.

Aplicación en seis Comunidades Autónomas

O crédito aprobado será de aplicación aos Concellos das Comunidades Autónomas ás que non foron traspasadas as funcións da Administración do Estado, en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza. Estas Comunidades Autónomas son Illes Balears, Castela e León, Castela-A Mancha, Extremadura, Rexión de Murcia e La Rioja. Non será de aplicación aos Concellos das Comunidades Autónomas de Cataluña, País Vasco, Galicia, Valencia, Canarias, Andalucía, Navarra, Madrid, Principado de Asturias, Cantabria e Aragón, de acordo co disposto nos seus respectivos Reais Decretos sobre traspasos de funcións en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de Xustiza.

O contido do presente acordo foi informado favorablemente pola Federación Española de Municipios e Provincias e a Dirección Xeral de Cooperación Local, do Ministerio de Política Territorial.