FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Sección de Entidades Locais de España con Estación Náutica

Sección de Entidades Locais de España con Estación Náutica



A Sección de Entidades Locais de España con Estación Náutica da FEMP xorde polo interese de unir esforzos entre as Entidades Locais que contan con Estación Náutica, para afrontar retos de futuro que permitan a excelencia turística e que as sitúe como destinos turísticos de calidade, permitindo avanzar nas políticas de desestacionalización da demanda.

Dende a súa constitución en maio de 2008, esta Sección está formada por aquelas Entidades Locais (Concellos, Deputacións, Cabidos, Consellos Insulares e outras formas de intermunicipalidade) que conten con Estación Náutica. Centrando a súa actividade en:
  • Adoptar políticas de sinalización comúns co obxectivo de diferenciar este tipo de destinos turísticos e destacar a información que interesa ao tipo de usuario dunha Estación Náutica.
  • Adopción de elementos de comunicación común no material promocional propio de cada destino.
  • Outorgar o apoio necesario a cada unha das Estacións Náuticas Locais para garantir a súa continuidade como destino turístico diferenciado.
  • Constituírse en interlocutores públicos perante as Administracións públicas autonómica e estatal respecto das políticas de promoción turística.
  • Colaborar no financiamento das distintas accións acordadas na Sección coas outras Administracións públicas ou coas entidades privadas.
  • Colaborar coa Asociación Española de Estacións Náuticas no desenvolvemento do turismo náutico e as actividades de promoción deste.
  • Promover a inversión en infraestruturas que promovan o turismo e de xeito prioritario as que incidan na calidade do turismo náutico.
  • Fomentar a investigación co obxectivo de potenciar a seguridade, calidade e outros aspectos asociados ao turismo náutico.
Na actualidade están asociadas 26 Entidades Locais, que representan 1 517 454  habitantes.