FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

O Goberno reunirase coa FEMP para coordinar medidas de aforro enerxético


O Goberno reunirase a próxima semana con representantes da FEMP e das Comunidades Autónomas, co fin de coordinar medidas para favorecer o aforro enerxético dende as Administracións Públicas, segundo anunciou o Vicepresidente Alfredo Pérez Rubalcaba na súa comparecencia tras o Consello de Ministros



O obxectivo é que nunha próxima reunión do Consello estas novas medidas poidan ser aprobadas e, xunto coas medidas de aforro enerxético xa adoptadas hoxe noutros ámbitos, poidan entrar en vigor o próximo día 7 de marzo.

Na reunión coa FEMP analizaranse actuacións no marco da iluminación das cidades e tamén na redución de consumo enerxético nos edificios, entre outra serie de medidas.

Estas medidas de aforro enerxético forman parte dun amplo paquete de actuacións aprobadas hoxe polo Consello de Ministros, actuacións destinadas a favorecer unha redución da factura enerxética entre as que se inclúen, entre outras, iniciativas de redución da velocidade máxima (de 120 km/h a 110 km/h) e abaratamento do prezo dos billetes de tren de proximidades e media distancia.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)

Nota

(0.0Kb)

02/03/2011

> Ir a la videoteca_x

28/02/2011

>Ir a la audioteca_gl