A FEMP e o INJUVE colaboran para impulsar programas municipais de prevención de violencia de xénero e programas de saúde
O Presidente da FEMP, Pedro Castro; a Ministra de Igualdade, Bibiana Aído, e o Director Xeral do Instituto da Xuventude (INJUVE), Gabriel Alconchel, asinaron esta mañá un convenio de colaboración destinado á prevención da violencia de xénero, promoción da saúde e apoio á emancipación xuvenil dende a Administración Local.
En concreto, o acordo vén a apoiar con subvencións aqueles programas propostos por Concellos para previr a violencia de xénero mediante a promoción de novos modelos de masculinidade. O convenio tamén se dirixe a programas de saúde dirixidos á prevención de embarazos non desexados en adolescentes e novos, e tamén a programas de emancipación xuvenil baseados na inserción laboral dos mozos.
Asinado o convenio, fixarase o prazo para que os Concellos presenten as súas propostas de programas á FEMP.