O BOE publica o Real Decreto coa nova Liña ICO-Concellos e a regra de gasto
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica con data 7 de xullo de 2011 o Real Decreto que contén, entre outras medidas, a creación dunha nova liña ICO para facilitar o pagamento das débedas con empresas e autónomos contraídas polas Entidades Locais, así como a regra de gasto para a Administración Local.
O Real Decreto establece que as Entidades Locais poderán concertar operacións de crédito a longo prazo para permitir a cancelación das súas obrigas pendentes de pagamento con empresas e autónomos, derivadas da adquisición de subministracións, realización de obras e prestación de servizos. O Goberno facultará o Instituto de Crédito Oficial (ICO) para que poña nunha liña de préstamos á que poderán acollerse os Concellos, sempre que o seu importe non exceda do 25% da cantidade anual que reciben en concepto de entregas a conta da súa participación nos tributos do Estado do ano 2011.
En canto á regra de gasto, o Real Decreto fixa os obxectivos de estabilidade presupostaria das distintas Administracións e en concreto da Administración Local, tendo en conta que o crecemento do seu gasto computable non poderá superar a taxa de crecemento a medio prazo de referencia da economía española, que se define co PIB, expresado en termos nominais e durante nove anos.
Documentos relacionados_gl
(0.0Kb)