Convocada a segunda edición
O BOE publica con data 27 de maio de 2011 a Resolución pola que se convoca a segunda edición da distinción "Cidade da Ciencia e a Innovación", correspondente ao ano 2011. O prazo para que os Concellos presenten os seus proxectos a esta candidatura comeza en 1 de xuño e finaliza o 15 de outubro.
Nesta edición concederanse ata un máximo de 10 distincións por cada unha das tres categorías previstas, en función da poboación do municipio: ata 20.000 habitantes, dende 20.001 ata 100.000 e por enriba deste número de habitantes.
A presentación de solicitudes deberá realizarse obrigatoriamente por medios electrónicos habilitados na sede electrónica do Ministerio de Ciencia e Innovación.
A Resolución coas bases desta convocatoria pode consultarse no PDF adxunto.
Documentos relacionados_gl
(0.0Kb)