FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Convenio para mellorar a xestión educativa no ámbito local


O Ministerio de Educación e a FEMP asinaron un convenio marco de colaboración co que pretenden potenciar e mellorar a xestión educativa das Administracións Locais. No acto da firma, o Presidente da FEMP, Pedro Castro, propuxo ao Ministerio poñer en marcha proxectos piloto para reconverter parques tecnolóxicos en centros de investigación avanzados.


O convenio, rubricado polo Ministro de Educación, Anxo Gabilondo, e o Presidente da FEMP, Pedro Castro, persegue a plena integración da acción educativa na vida local, dende o recoñecemento da tarefa que realizan os Concellos nesta materia. Ao mesmo tempo, incide en accións de formación e na publicación de manuais de consulta e estudos, destinados a facilitar o labor de políticos e técnicos municipais.

A FEMP e o Ministerio teñen previsto levar a cabo investigacións e estudos sobre políticas educativas que permitan elaborar indicadores e recomendacións para que sexan utilizados polos responsables municipais á hora de promover iniciativas no ámbito local. Tamén se incentivará a formación e o intercambio de experiencias que contribúan e faciliten a toma de decisións, mediante a organización de xornadas, encontros, seminarios ou cursos de formación.

En concreto, e no que respecta ao ano en curso, está prevista a realización dunha Guía de funcionamento das Escolas Municipais de Música e a distribución dun Manual de construción e equipamento de Escolas Infantís, así como a actualización da Guía do Concelleiro de Educación, para a súa reedición en 2011.


Tamén durante 2010 haberá varias Xornadas, organizadas tanto pola FEMP, coma polo Ministerio, sobre Educación de Persoas Adultas, Escola Infantil e Municipio, Escola de Pais e sobre Convivencia Escolar.

O Presidente da FEMP, Pedro Castro, valorou a firma do convenio tanto polo seu contido como polo que ten de recoñecemento ao papel que desenvolven os Concellos en materia educativa, en moitos casos máis alá mesmo das esixencias legais.

O Presidente da FEMP afirmou que nun país como o noso a educación é a mellor ferramenta para saír da crise. Buscar a excelencia na educación é unha tarefa que achega benenficios a longo prazo per ineludible se queremos que aumentar a competitividade no futuro.

Pedro Castro destacou que os Concellos puxeron en marcha numerosas iniciativas que na actualidade están plenamente consolidadas e gozan dunha alta consideración entre os cidadáns, como as escolas infantís, as escolas municipais de música e danza, bibliotecas, programas de cualificación profesional, educación de persoas adultas, servizos psicopedagóxicos, actividades extraescolares, deporte escolar e outras.

Do mesmo modo, recordou que a Lei Orgánica de Educación recoñece a necesidade de colaboración de todas as Administracións na mellora do sistema educativo e, en concreto, das Administracións educativas coas Corporacións Locais na planificación e implementación da política educativa. "Este convenio servirá para lograr unha maior eficacia dos recursos destinado á educación", afirmou.

Así mesmo, pediu ao Ministerio poñer en marcha plans piloto de cara á reconversión dos centros tecnolóxicos agora existentes en moitas cidades cara a actividades de investigación e desenvolvemento que acheguen valor engadido

Pola súa banda, o Ministro Gabilondo, recoñeceu a importante tarefa que levan a cabo os 8115 municipios en educación e recordou que, de feito, unha boa parte das obras que se levaron a cabo polos Concellos ao abeiro do Plan E foron en infraestruturas relacionadas coa educación.