FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

España consolídase como o país máis premiado por Nacións Unidas polas súas mellores prácticas urbanas

Os Concellos de Barcelona e Noaín (Navarra) obtiveron o máximo galardón na oitava edición dos Premios Internacionais sobre Boas Prácticas para a mellora das condicións de vida nas cidades, Dubai 2010, promovidos por ONU-HÁBITAT e cos que colabora o Ministerio de Fomento.

Ambas as dúas experiencias foron presentadas onte nun acto no que interviñeron representates de ambos os dous municipios, a FEMP, a secretaria de Estado de Vivenda, Beatriz Corredor e o director executivo de ONU-HÁBITAT, Joan Clos,

É a primeira vez, dende que se instituíron estes premios en 1996, que un país consegue dous máximos galardóns nunha mesma convocatoria. Trátase do Plan Municipal para o Cambio Climático de Noaín (Navarra) e a Axenda 21 escolar do Concello de Barcelona. Con eles, España acumula xa oito Premios Internacionais, situándose á cabeza dos países que obtiveron a máxima distinción no concurso.
No acto, que tivo lugar no Pazo de Zurbano de Madrid, interviñeron tamén representantes da FEMP, cuxa Rede de Cidades polo Clima recibiu o citado galardón na edición de 2008. O Director de Acción Territorial da FEMP, José María Velásquez, destacou o papel impulsor e de difusión de boas prácticas no ámbito urbano da Federación e os logros da Rede Española de Cidades polo Clima.
Beatriz Corredor ten afirmou que "estes premios supoñen o recoñecemento a aquelas experiencias españolas pioneiras no apoio e fomento dun desenvolvemento urbano sostible e participativo e unha mellora efectiva na calidade de vida dos cidadáns".

Como Secretariado permanente do Comité Hábitat español, o Ministerio de Fomento impulsa a participación de Boas Prácticas españolas coordinando a selección e envío das que cumpren os requisitos establecidos por Nacións Unidas.
Pola súa banda, Joan Clos, fixo fincapé no incremento dos desprazamentos humanos cara ás cidades en determinadas zonas do mundo, como consecuencia da crise económica, o encarecemento das materias primas, a escaseza e as catástrofes naturais, que produciron un aumento considerable dos espazos con infraviviendas, sen as mínimas condicións de habitabilidade.
Nestas circunstancias, o traballo de ONU Hábitat céntrase en dúas liñas básicas: por un lado no asesoramento aos gobernos dos territorios con máis dificultades e, por outro, mediante o traballo directo nos territorios coas comunidades locais.
Axenda 21 escolar do Concello de Barcelona
O proxecto galardoado do Concello de Barcelona, é dunha iniciativa dirixida ás escolas, que actúa en consonancia coa Axenda 21 da cidade de Barcelona, segundo explicou a Rexedora de Medio. Inma Mayol. A través do programa, as comunidades educativas implícanse en diagnosticar, achegar solucións e asumir compromisos para facer unha cidade máis sostible, comezando polo seu ámbito inmediato, a escola. Iniciou as súas actividades no ano 2001 e participaron máis de 350 escolas de todos os niveis educativos non universitarios. No último curso académico participaron no programa 81.882 alumnos, 7.583 profesores, 1.481 persoal complementario dos centros educativos e 62.970 familias.

Trátase dunha iniciativa pioneira en España que se estendeu a outras cidades españolas, italianas, portuguesas e latinoamericanas.
Plan Municipal para o Cambio Climático de Noaín
O Plan de Noaín,,según expuxo o Concelleiro de Mecio Ambien, Oscar Arizcuren, incide na protección ambiental do ámbito urbano e nace como colofón de toda unha serie de actuacións realizadas en torno ao aforro e a eficiencia enerxética no municipio. O seu principal obxectivo é contribuír a frear o Cambio Climático dende o ámbito das competencias locais con medidas como o Plan Enerxético Municipal, o fomento das enerxías renovables, a sensibilización e participación cidadá na loita fronte ao Cambio Climático, o impulso da mobilidade sostible ou o aumento de sumidoiros de CO2.
Entre os logros conseguidos, destacan a implantación de 15 instalacións municipais de enerxías renovables, un aforro anual de 300.000 euros pola aplicación de medidas de eficiencia enerxética e xestión sostible, un maior grao de concienciación cidadá ou a plantación de máis de 35.000 árbores e arbustos.

A Rexedora de Barcelona,Inma Mayol,la Secretaria de Estado, Betariz Corredor, o Director de Hábitat, Joan Cloas, e josé Maria Velázquez, Director de Acción Territorial da FEMP.
02/02/2011
> Ir á fototeca