FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

España, lider mundial en Bandeiras Azuis


España, con 603 bandeiras azuis recoñecidas en 511 praias e 92 portos deportivos, mantense á cabeza neste tipo de galardóns entre os 36 países do hemisferio norte. Malia a crise, o noso país mantivo os avances logrados o pasado ano e así, aínda que se rexistrou un leve descenso no número de praias con Bandeira Azul, o aumento no número de portos deportivos recoñecidos permitiu compensar o resultado final. Os datos foron dados a coñecer onte nun acto no que participou a Secretaria Xeral da FEMP, Isaura Leal.



Este verán de 2011, nunha de cada seis praias españolas ondeará unha Bandeira Azul; unha de cada seis Bandeiras Azuis no mundo, ondeará en España. As praias españolas continuaron mellorando as súas condicións hixiénicas, sanitarias, de seguridade, accesibilidade información, salvamento, socorrismo ou atención a persoas en situación de minusvalidez.

Sobre as cifras obtidas o ano pasado, o número de praias españolas con Bandeira Azul baixou en dez, aínda que o de portos deportivos se incrementou en oito. Isto significa, segundo sinala a Asociación para a Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), que boa parte das Comunidades e Cidades Autónomas manteñen as cifras de 2010; é o caso de Extremadura, País Vasco Ceuta e Melilla; con pequenas diferenzas no número global (dúas bandeiras máis ou dous menos) figuran Canarias, Cantabria, Asturias e Galicia.

No ámbito dos 36 países do Hemisferio Norte, o Xurado Internacional de Bandeira Azul concedeu este ano un total de 3.554 Bandeiras, 2928 para praias e 626 para portos. No Xurado participan, xunto á Fundación para a Educación Ambiental (FEE, nas súas siglas en inglés), as Axencias de Nacións Unidas para o Medio (PNUMA-UNEP) e para o Turismo (OMT-WTO), a Axencia Europea para o Medio, a Unión Europea para a Conservación de Costas, a Unión para a Conservación da Natureza e o Consello Internacional de Asociacións da Industria Portuaria, entre outras.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)

Nota

(0.0Kb)