A FEMP apoia o Acordo Marco de Sostibilidade das Finanzas Públicas
A FEMP deu o seu apoio ao Acordo Marco para a sostibilidade das finanzas públicas para o período 2010-2013, durante a sesión celebrada hoxe da Subcomisión de Réxime Económico, Financeiro e Fiscal da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL), na que participan representantes do Goberno e da FEMP.
O Acordo Marco coas Corporacións Locais contén as medidas e criterios que afectan ás Entidades Locais no programa de Estabilidade e Crecemento de 2010-2013, remitido polo Goberno a Bruxelas. A proposta concreta as fases mediante as que se modulará a consolidación fiscal das contas públicas, co obxectivo de reducir o déficit ao 3% do PIB á altura de 2013.
Neste sentido, os representantes dos Gobernos Locais expresaron o seu compromiso de contribuír á redución do déficit, a contención e a mellora da eficiencia no gasto; o mantemento a medio prazo dos niveis de débeda establecidos no Pacto de Estabilidade e Crecemento, e a mellora da información e a transparencia en materia de prazos de pagamento e de gastos pendentes de aplicación presupostaria.
Respecto ás medidas concretas que a FEMP trasladou ao seo da Subcomisión da CNAL, cabe destacar a autorización ás Entidades Locais a executar e liquidar o presuposto correspondente ao exercicio 2009 cun déficit conxunto referido ao 0,35% do PIB nacional, sen que sexa necesaria a presentación de plans económico-financeiros ás Corporacións cando o presuposto non supere o devandito déficit. Esta porcentaxe de défícit representa o 5,17% dos ingresos non financeiros de cada Entidade Local.
Así mesmo acordouse crear un grupo de traballo no seo da CNAL que se encargará do desenvolvemento do contido do Acordo Marco, de forma especial en temas relacionados cos gastos de persoal e plans de reestruturación e modernización das Entidades Locais.
A delegación da FEMP estaba integrada polo Alcalde de Segovia, Pedro Arahuetes, Presidente da Comisión de Facendas Locais da FEMP; o Concelleiro de Madrid, Juan Bravo, Vicepresidente da Comisión; o Alcalde de Reus, Lluis Miquel Pérez Segura; e os Concelleiros de Córdoba, Alfonso Igualada, e de Santander, Ana María González Pescador.
Documentos relacionados_gl
(0.0Kb)