GOBLOnet, recibe case 10.000 visitas na súa primeira semana de funcionamento
Un total de 9.896 visitas procedentes de máis de 6.300 usuarios diferentes, son as que se produciron na primeira semana transcorrida dende o lanzamento de GOBLOnet, a rede social creada pola FEMP e concibida como ferramenta de traballo, co obxectivo de establecer unha canle de comunicación permanente para responsables locais e persoas interesadas no ámbito da Administración Local.
Aínda que estas visitas corresponden na súa maior parte a usuarios españois, tamén se rexistrou un número destacable de visitantes procedentes de Brasil, México, Arxentina, Colombia, Venezuela e Chile, así como de países da Unión Europea e, curiosamente, de Thailandia.
Do conxunto de visitantes, 1.937 xa se converteron en usuarios rexistrados, e contan co seu propio perfil en GOBLOnet; Alcaldes, Concelleiros e técnicos municipais son os perfís máis numerosos na rede; os municipios españois son, á súa vez, a procedencia máis frecuente, aínda que tamén existen usuarios doutros países de Europa e América.
Ao longo desta primeira semana, os usuarios xa empezaron a formular liñas de traballo e a propoñer contidos de interese común. Froito de todo iso, é a creación de 78 grupos de traballo nos que os participantes están a abrir debates ou achegan documentos para a súa análise. O intercambio de información e de experiencias entre electos e técnicos locais, o acceso ás iniciativas de éxito emprendidas por un Concello de calquera parte do mundo e o traballo en grupo sen desprazamentos, son algunhas das posibilidades que ofrece GOBLOnet e que os usuarios empezan a utilizar en maior medida.
www.goblonet.es
www.femp.es