FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

O Goberno presenta a Lei de Seguridade Alimentaria


O Goberno deu luz verde ao Proxecto de Lei de Seguridade Alimentaria que establece un novo marco para coordinar accións que garantan a seguridade dos alimentos baixo calquera circunstancia, protexer a saúde dos cidadáns e reforzar os seus dereitos como consumidores. A cooperación entre as distintas Administracións Públicas será un dos eixes principais da nova Lei.







O Proxecto establece unha serie de principios como reforzar a confianza de todos os interesados no sistema de seguridade alimentaria, aplicar a perspectiva de prevención e non de constatación, o reforzo continuo dos recursos científicos, a cooperación interadministrativa, intersectorial e internacional e a información permanente aos cidadáns.
A Lei define por primeira vez un sistema de información homoxéneo en seguridade alimentaria para o intercambio de datos entre profesionais, investigadores e Administracións, así como para facilitar os coñecementos máis avanzados na materia. Ao mesmo tempo, establece a creación dunha Rede Española de Laboratorios de Control Oficial de Seguridade Alimentaria, que reforzará a vixilancia en todo o relacionado cos alimentos
Por primeira tamén se introducen nunha Lei española aspectos relacionados coa promoción de hábitos saudables de alimentación e a prohibición de discriminación por obesidade.
Ademais, entre outras cousas, contempla que a industria alimentaria terá que minimizar o contido das graxas trans e non se permitirá a venda de alimentos e bebidas no ámbito escolar que non cumpran cunha serie de criterios nutricionais.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)