Aprobado o plan de aforro e eficiencia enerxética
O Consello de Ministros aprobou o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética no que se recollen 20 medidas en tres grandes ámbitos: transporte e mobilidade, edificación e iluminación e consumo eléctrico, así como unha campaña de concienciación aos cidadáns. A maior parte destas medidas están destinadas aos municipios e non xerarán gasto público aos Concellos.
En conxunto, as medidas aprobadas supoñerán un aforro estimado de 3,2 millóns de toneladas de petróleo (tep) anuais, o equivalente a 28,6 millóns de barrís de petróleo. O aforro económico estimado é de 2.300 millóns de euros anuais en importacións enerxéticas cos prezos actuais. Así mesmo, a aplicación do Plan permitirá reducir as emisións de CO2 en 12,5 millóns de Tm ao ano.
A súa posta en marcha leva asociado un investimento de 1.157 millóns de euros, con cargo á Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética que financian as empresas eléctricas.
O Goberno considera fundamental a colaboración de Comunidades Autónomas e Concellos para alcanzar os obxectivos e asegurar, desta forma, o pleno desenvolvemento do Plan.
Medidas no sector do transporte
Liña de financiamento de proxectos incluídos nos Plans de Mobilidade Urbana Sostibles (PMUS) naquelas cidades de entre vinte mil e cincuenta mil habitantes que teñan en marcha os devanditos plans. Entre os proxectos financiables incluídos destaca, o fomento do transporte público, carrís de uso exclusivo do transporte público, intercambiadores de transporte.
A contía da liña ascende a 262,4 millóns de euros. Os recursos empregados para este investimento serán de orixe FEDER, xestionados a través do Ministerio de Política Territorial.
Outras medidas teñen que ver co transporte de mercadorías, a redución dos límites de velocidade ou a redución de prezos de billetes de proximidades de ferrocarril.
Medidas no sector da edificación.
Establecemento dunha liña ICO específica para Empresas de Servizos Enerxéticos (ESE), co obxectivo de facilitar o acceso ao crédito deste tipo de empresas. O importe inicial destinado ao financiamento sería de seiscentos millóns de euros e a súa execución realizarase mediante un convenio de colaboración entre o Instituto de Crédito Oficial e o Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético.
Fomento do uso da biomasa para usos térmicos en edificios mediante dúas accións:
1. Substitución de caldeiras nos edificios das Administracións públicas mediante a ampliación do actual Plan de empresas de servizos enerxéticos, subvencionando a fondo perdido un 15 por 100 do custo destas actuacións.
2. Ampliación da liña de axudas do Plan Renove de caldeiras de alto rendemento enerxético que ten en marcha o IDAE para alcanzar mil MW de potencia instalada.
Medidas sobre iluminación e consumo eléctrico.
Renovación do sistema de iluminación pública municipal. Realizaranse tres liñas de acción, a poñer en marcha polos Concellos:
· El lanzamento de dezanove proxectos integrais (un por cada Comunidade Autónoma máis as dúas Cidades Autónomas) para grandes cidades a través do modelo de Empresas de Servizos Enerxéticos.
· Se renovarán as lámpadas de vapor de sodio por tecnoloxías de alta eficiencia nos municipios con menos de douscentos habitantes (uns 2.200 municipios).
· Cumprimento da normativa sobre iluminación pública eficiente para todos os municipios de máis 25.000 habitantes (295 municipios) nun prazo máximo de cinco anos.
Documentos relacionados_gl
(0.0Kb)
(0.0Kb)