Uns factores que "serán claves nos procesos de innovación, creatividade e competitividade nos que traballamos diariamente", segundo expuxo o Alcalde de Getafe e Presidente da FEMP, Pedro Castro, na súa intervención no acto de clausura do II Foro de Autoridades Locais da Periferia, FALP, que reuniu a uns 700 Alcaldes e autoridades locais de máis de 20 países, para debater sobre o presente e futuro destas cidades que ata fai pouco definíanse "dormitorio" e que, grazas ao seu crecente desenvolvemento e evolución, se converteron é cidades atractivas, en palabras do rexedor getafense.
Nas xornadas de traballo púxose de manifesto que as cidades periféricas son o centro receptor por excelencia dos diversos movementos migratorios e que se converteron en escenarios estratéxicos dentro da loita pola chamada inclusión social, poñendo en práctica políticas de integración que evitan e palian posibles conflitos sociais. Estás cidades, segundo explicou Pedro Castro, convertéronse en "espazos moi dinámicos, caracterizados pola súa diversidade e unha gran capacidade de innovación,".
A concepción do modelo de cidade estivo moi presente nos debates dos diferentes relatorios e sesións de traballo, sobre todo o que posibilitou e debe seguir facéndoo o desenvolvemento de estratexias consensuadas con todos os entes e axentes que integran a cidade e que posibilitan un crecemento sostido e sostible, tanto no marco económico, coma no social.
Para conseguir que as cidades periféricas se convertan nunha opción satisfactoria, "en lugares verdadeiramente habitables e atractivos", fai falta, por un lado, desenvolver a noción de cidadanía plena, o que supón o recoñecemento xurídico de dereitos e deberes para todos, en especial os sectores máis vulnerables, e por outro, asegurar o acceso ao estado do benestar, para o que é básico o recoñecemento dos dereitos sociais de todos os residentes na cidade e unha dotación suficiente de recursos para garantir eses dereitos.
Outro aspecto a considerar sería a promoción da descentralización das actuacións culturais, "como medio para aumentar a autoestima popular", e a construción de espazos participativos, dotándoos de equipamentos e espazos públicos capaces de acoller iniciativas cidadás e asociativas. Un esforzo que, segundo apuntou Pedro Castro, "só pode ser plenamente satisfactorio, se as políticas públicas que se desenvolven nos territorios periféricos son froito da participación democrática da cidadanía e teñen en conta o capital social que as cidades xeran".
O Alcalde de Getafe está seguro de que a cidade democrática do século XXI se construirá dende as periferias, "aínda que iso non signifique que o papel das cidades centrais sexa irrelevante, posto que nelas viven os sectores sociais e intelectuais máis estructurados que poden contribuír a elaborar un proxecto de cidade metropolitana".
Os integrantes da Rede FALP que participaron no encontro deGetafe acordaron que o Terceiro Foro de Autoridades Locais da Periferia se celebre na cidade africana de Dakar.