A FEMP súmase ao loito oficial polos falecidos en Afganistán
A FEMP invitou os Gobernos Locais españois a sumarse ao loito oficial declarado hoxe polo Goberno con motivo do falecemento en Afganistán dos Gardas Civís José María Galera Córdoba e Leoncio Bravo Picallo, nun atentado terrorista no que tamén faleceu o seu tradutor, Ataola Taefik Alili.
A declaración de loito oficial, recollida na edición de hoxe do Boletín Oficial do Estado (ver arquivo adxunto), sinala que "dende as 00 horas ata as 24 do día 26 de agosto", a bandeira nacional ondeará a media hasta nos edificios públicos e buques da Armada.
O Presidente da FEMP, Pedro Castro, fixo este chamamento ao conxunto dos responsables locais españois, ao tempo que reiterou o seu pesar e a súa condena por este acto terrorista contra as Forzas de seguridade españolas.
Documentos relacionados_gl
(0.0Kb)