FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Pedro Castro reivindica a boa política e pide o compromiso de todas as Administracións para saír da crise


O Presidente da FEMP, Pedro Castro, pediu aos partidos políticos e aos poderes públicos que aproximen a solución dos problemas a "aqueles que os sofren" e que dende as distintas Administracións practiquen a cohesión e a solidariedade para facer fronte á crise e atender as necesidades dos cidadáns. O Alcalde de Getafe defendeu a práctica da "boa política, como instrumento ao servizo de todos, non como un fin en si mesmo", na súa intervención no Almorzo Informativo que organiza Nova Economía Forum.


Pedro Castro, que foi presentado polo Ministro de Traballo e Inmigración, Celestino Corbacho, afirmou que o Goberno central, as Comunidades Autónomas e os Gobernos Locais teñen que "tocar a mesma partitura" e que é tarefa de todos reforzar a confianza que os cidadáns e cidadás teñen nas súas institucións. Nesta liña, reiterou que "son tempos de máis goberno e mellor goberno" e que non se pode antepoñer aos intereses das persoas as "ansias de poder custe o que custe e a calquera prezo".

O Presidente da FEMP arrancou o seu discurso coa reflexión de que nos momentos actuais, con cambios rápidos e radicais, os políticos non se poden permitir - "sería un grave erro" - que os cidadáns perciban que os problemas que lles afectan escapan á capacidade de decisión dos seus representantes públicos.

Nesta liña, pediu aproximar a solución dos problemas a aqueles que os sofren e situar as persoas no centro das preocupacións e actuacións da acción política e, ao mesmo tempo, tomar decisións e explicalas convenientemente. "Os Concellos temos dado a cara e imos seguir facéndoo, pero, para iso -engadiu- debemos apostar por un mapa institucional no que os Gobernos Locais, os que máis preto estamos da xente, dispoñamos de medios abondo para facer políticas públicas locais centradas no desenvolvemento económico sostible, o emprego, a vivenda, a formación ou a innovación".

Pedro Castro insistiu en que os Gobernos Locais son a parte do Estado que está ao pé da realidade e que por iso é inaprazable a aprobación das leis de Goberno Local e de Financiamento, "que nos permitan exercer as nosas competencias de forma axeitada e eficiente".

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)

Enlaces relacionados

Enlaces relacionados