FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

A FEMP eleva unha queixa ao Tribunal da Competencia pola actuación das eléctricas na contratación da subministración nos municipios


A FEMP elevará unha queixa ao Tribunal de Defensa da Competencia e á Comisión Nacional da Enerxía (CNE) polas prácticas das compañías eléctricas nos procesos de contratación de subministración eléctrica cos municipios, despois da entrada en vigor da nova regulación deste sector. Este é un dos acordos adoptados hoxe pola Comisión Executiva da Federación, a instancias da Comisión de Facendas e Financiamento Local, tras ter coñecemento da situación á que se están a enfrontar algúns Concellos, sobre todo os máis pequenos.



As Administracións Públicas en xeral e os Concellos, en particular, teñen graves problemas, segundo a FEMP, debido á imposibilidade de moitos Concellos, de contratar subministración eléctrica nas novas condicións, ante a falta de ofertas das comercializadoras e, nalgúns casos, polas imperativas condicións que estas esixen para concorrer ás licitacións.

Os Concellos están obrigados a acudir ao mercado libre, por ter unha potencia contratada superior aos 10 quilovatios, e a facelo mediante a convocatoria de concursos públicos. A finais de decembro pasado, o Goberno prorrogou o prazo ata o 31 de decembro de 2011 para que as casas do concello poidan renovar os seus contratos; pero os problemas persisten, como lle aconteceu ao Concello de Frades (Xaén) que se viu na obriga de declarar deserto o procedemento por falta de licitadores, tras efectuar a oportuna convocatoria.

CNAL
Outro dos acordos adoptados pola Executiva é pedir o Goberno que na próxima reunión da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL) se fixe a porcentaxe de déficit por debaixo do cal os Concellos non terán obriga de presentar un plan económico financeiro.

Emendas ao Proxecto de Lei de Economía Sostible

A Comisión Executiva da FEMP foi informada do contido das propostas de emendas presentadas aos Grupos Parlamentarios do Senado en relación co Proxecto de Lei de Economía Sostible.


Entre elas cabe destacar unha proposta de mellora técnica para definir con máis claridade a retribución dos servizos públicos: os conceptos de taxa, de prezo público ou calquera outro.

Outra das modificacións formuladas é a petición de que se suprima o texto do artigo 36 que establece a retención das entregas a conta dunha Entidade Local cando esta non remita os seus presupostos á Administración Xeral do Estado. A FEMP pide que esta cuestión sexa discutida en seo da negociación da reforma do financiamento local ou que, polo menos, tal decisión se adopte logo de informe da Comisión Nacional de Administración Local (CNAL), tras estudar cada caso.

A FEMP non discute a obriga das Entidades Locais de remitir a liquidación dos seus presupostos á Administración Xeral do Estado, pero advirte que non parece axeitado que existindo un órgano de interlocución como é a CNAL, o mecanismo automático de retención opere sen previo informe desta.

Convenios con Arquitectos e aparelladores

O Presidente da FEMP, Pedro Castro, informou tamén da decisión tomada pola súa Executiva de denunciar, de mutuo acordo cos interesados, os convenios bilaterais asinados pola FEMP e os Consellos Superiores dos Colexios de Arquitectos e de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, que motivaron a apertura dun expediente sancionador por parte da Comisión Nacional de Defensa da Competencia.

Accesibidad Universal

A FEMP elaborou unha proposta de Plan Municipal de Accesibilidade Universal para que os Concellos dispoñan dun modelo co que acometer a transformación da cidade, baseado no concepto de Deseño Universal, con ámbitos, itinerarios e servizos plenamente accesibles a todas as persoas, en especial aquelas con algún tipo de minusvalidez.


As actuacións oriéntanse á eliminación de barreiras nos espazos de uso habitual, como rúas, prazas ou parques; edificios públicos -equipamentos culturais, centros administrativos, sanitarios, docentes-; elementos da cadea de transporte -vehículos e material móbil, paradas, estacións-; sistemas de comunicación públicos -especialmente aqueles que teñan que ver cos recursos técnicos de atención ao cidadán e a web municipal- e, en xeral, o resto de servizos públicos.

Presupostos participativos

Outro dos documentos aprobados pola Executiva da FEMP foi unha Guía para que os equipos de goberno dos Concellos faciliten a participación activa e directa dos cidadáns no proceso de elaboración dos seus presupostos. Se trata dun instrumento para afondar na democracia participativa e facilitar a posta en marcha deste proceso naqueles municipios que aínda non iniciasen esta vía de participación cidadá.

Convenios

A FEMP asinará un convenio marco de colaboración con Cruz Vermella Española para traballar conxuntamente para favorecer a inclusión social, previr situacións de risco e promover a convivencia cidadá en ámbito local. Esta colaboración efectuarase a través dos servizos de base municipais e as asembleas locais de Cruz Vermella.

A Executiva tamén deu o visto e prace ao contido doutro convenio, coa Asociación REDTEL, para o despregamento das infraestruturas de redes de telefonía móbil e, en concreto, para dar continuidade en 2011 ao funcionamento e mantemento do Sistema de Asesoramento Técnico e Información (SATI), que depende da FEMP.