Pechado o censo da 10 Asemblea da FEMP: 7.331 Entidades Locais adheridas
A Xunta de Voceiros da FEMP pechou os últimos detalles da organización da 10 Asemblea Xeral e deu o visto e prace ao censo definitivo de Entidades Locais que integran a Federación e que, polo tanto, estarán representadas neste encontro. A FEMP conta a día de hoxe cun total de 7.331 socios, entre Concellos, Deputacións Provinciais, Cabidos e Consellos Insulares.
Os Voceiros da FEMP aprobaron ademais o programa da Asemblea e deron un primeiro repaso ás emendas presentadas ás propostas de Resolucións, que serán debatidas nas distintas comisións de traballo.
As instalacións do IFEMA en Madrid acollerán o próximo 24 de setembro os preto de mil participantes, entre delegados e observadores, que está previsto que asistan á 10 Asemblea Xeral da FEMP, en representación das Entidades Locais adheridas a esta Federación.
Programa
Pola mañá terán lugar a sesión de apertura -na que se procederá á elección da Mesa da Asemblea-, os debates nas distintas comisións de traballo sobre as Resolucións e o Plenario, onde estas propostas serán aprobadas definitivamente e, ademais, serán anunciadas as candidaturas presentadas para formar a Comisión Executiva.
Na sesión vespertina continuará o Plenario e procederase á elección dos órganos reitores da FEMP: Presidente, Comisión Executiva e Consello Federal. Unha vez constituída a Comisión Executiva, celebrarase a sesión de clausura.
Mesas de traballo e resolucións
Os debates sobre as cuestións que afectan e interesan aos Gobernos Locais e ao traballo futuro das propia Federación centraranse en tres mesas de traballo de carácter sectorial: Economía e Desenvolvemento Local; Sostibilidade Local; e Cohesión Territorial e Servizos Públicos (Ver cadro). Estas mesas, e unha cuarta de Estatutos, discutirán as propostas de Resolucións presentadas e as súas emendas, e levarán ao plenario da Asemblea os textos resultantes para a súa aprobación definitiva.
Na Asemblea serán debatidas un total de 160 propostas de Resolucións, ás que foron presentadas 54 emendas.
Información sobre a Asemblea
Toda a documentación sobre a Asemblea foi remitida aos socios da FEMP en soporte electrónico.
O sitio Web www.asamblea.femp.es, habilitado dende primeiros de xullo, contén esta documentación e tamén toda a información necesaria para participar ou seguir o desenvolvemento das diferentes reunións:
. Informe de Prensa
. Programa
. Localización do lugar de celebración
. Censo de Entidades Locais adheridas
. Estatutos
. Regulamentos de Asembleas