FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Condolencias da FEMP polo falecemento dos gardas civís españois en Afganistán


O Presidente da FEMP, Pedro Castro, dirixiuse ao Ministro do Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, para expresalo o pesar dos Gobernos Locais españois pola morte de dous Gardas Civís e do seu intérprete, nacionalizado español, na provincia de Badghis, en Afganistán, tras ser tiroteados hoxe por un policía afgán en formación.



Na súa comunicación, o Presidente da FEMP, ten trasmitido o recoñecemento dos Gobernos Locais á tarefa de formación que a Garda Civil española está a desempeñar nese país. Pedro Castro pediu tamén ao Ministro do Interior que traslade o sentimento de dor aos familiares das vítimas e aos membros do Corpo destacados en Afganistán.