FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Axudas europeas para Proxectos de Desenvolvemento Local


Os municipios de entre 20.000 e 50.000 habitantes, que non sexan capitais de provincia e que pertenzan ás Comunidades Autónomas de Andalucía, Extremadura, Galicia, Castela-A Mancha, Castela e León, Murcia e Canarias, poderán beneficiarse das axudas para proxectos de desenvolvemento local e urbano contempladas no Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Así queda recollido na Resolución da Secretaria de Estado de Cooperación Territorial pola que se aproba a convocatoria 2011 de Axudas do FEDER (Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional).



Os contidos e pormenores desta convocatoria, así como as accións financiables (entre as que figuran a mellora do ámbito natural e a calidade ambiental) e as formas de execución aparecen recollidas no Boletín Oficial do Estado do 23 de febreiro, no que tamén están considerados os datos financeiros da Axuda.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)