FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Manuel Chaves inaugura a 10ª Asemblea Xeral


Esta mañá quedaba constituída en Madrid a décima Asemblea Xeral da FEMP. O Presidente saínte da Federación, Pedro Castro, e o Vicepresidente de Política Territorial, Manuel Chaves, interviñeron en acto de apertura para defender o papel da FEMP como voz única e interlocutor autorizado ante outras instancias.



O Presidente saínte da FEMP, Pedro Castro, destacou na súa intervención o afianzamento da FEMP durante os últimos catro anos, o que, segundo sinalou, permitiu situar os Gobernos Locais nas axendas de organismos e institucións nacionais e internacionais, aínda que lamentou que non se alcanzase unha normativa definitiva sobre Goberno Local nin un sistema de financiamento local axeitado.

Pola súa banda, Manuel Chaves, incidiu na necesidade de chegar consenso entre as forzas políticas para o logro dun novo anteproxecto de lei de Réxime Local e un novo marco financeiro, xa que, ao seu xuízo, foron a falta de consenso e a actual situación de crise o que dificultou alcanzar ambas as dúas normativas. Manuel Chaves destacou, igualmente a importancia de reflexionar sobre o mapa municipal español

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)