O Vicepresidente do Goberno de Política Territorial, Manuel Chaves, intervirá na sesión de apertura da 10ª Asemblea Xeral da FEMP que se celebrará este sábado, na que se elixirá o novo Presidente e se renovarán os cargos directivos desta Federación.
As instalacións do IFEMA en Madrid acollerán os preto de mil participantes, entre delegados e observadores, que está previsto que asistan á Asemblea, en representación das 7.331 Entidades Locais adheridas, segundo o censo definitivo aprobado pola FEMP.
Os dous partidos maioritarios, PP e PSOE chegaron a un acordo para presentar unha candidatura conxunta aos órganos reitores da FEMP, segundo anunciaron hoxe os responsables de política municipal de ambos os dous partidos, Juan Manuel Moreno Bonilla (PP) e Antonio Hernando Vara (PSOE).
Os dous partidos presentarán candidaturas conxuntas á Comisión Executiva, que a partir de agora se denominará Xunta de Goberno, ao Consello Territorial, nova denominación do anterior Consello Federal, e ás distintas Comisións Sectoriais de Traballo. Igualmente, consensuaron a composición da Mesa da 10ª Asemblea.
A este acordo sumáronse, en principio, outras formacións como CiU, PAR e UPN e está aberto ao resto de partidos con representación nas Entidades Locais.
Información sobre a Asemblea
O sitio Web www.asamblea.femp.es, habilitado dende primeiros de xullo, contén toda a información sobre a Asemblea.