FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

BÁSICAL: soporte informático gratuíto para o modelo Básico do Sistema de Información Contable para a Administración Local


A Intervención Xeral do Estado (IGAE) desenvolveu o sistema BÁSICAL, unha aplicación informática para dar soporte ás operacións e o resto da información que contén o modelo Básico do Sistema de Información Contable para a Administración Local. A aplicación pode descargarse de forma gratuíta.



Segundo subliña a IGAE, trátase dunha aplicación para rexistro e tratamento de datos, arquivo e conservación da información derivada das operacións que deben ser obxecto de contabilización para as diferentes entidades contables en que se estrutura o modelo, garantindo a integridade e coherencia da información. Permite tamén obter os estados que integran a Conta da entidade local e a xeración dos ficheiros necesarios para a rendición telemática ao Tribunal de Contas e Órganos de Control Externo (OCEX).
A aplicación, totalmente gratuíta tanto para a súa descarga coma para asesoramento e formación de usuarios, incorpora prestacións interesantes como o tratamento de facturas electrónicas de acordo co formato Facturae, a adecuación á última versión da taxonomía PENLOC ou a adaptación a Windows 7, entre outras, ademais de permitir a xeración da Conta Xeral en ficheiro XML.
BÁSICAL dispón dunha configuración específica para Deputación e outra para Concello. A versión dispoñible na actualidade é a 7.0.1, e pode solicitarse directamente na web disposta para o efecto mediante a sinxela cumprimentación dun formulario. Nesa mesma dirección pódense coñecer máis a fondo as particularidades de BÁSICAL.