FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Aprobado o obxectivo de estabilidade presupostaria para o período 2011 -2013


O Consello de Ministros aprobou o obxectivo de estabilidade presupostaria para o período 2011-2013 e o límite de gasto non financeiro do Estado para os Presupostos de 2011. Os devanditos obxectivos concretan o compromiso do Goberno e do conxunto das Administracións Públicas para cumprir en 2013 os obxectivos fixados pola Comisión Europea, en orde a presentar un déficit público igual ou inferior ao 3 por 100.


Segundo o establecido na devandita senda, o déficit público pasará do 11,2 por 100 do PIB rexistrado en 2009 ao 9,3 por 100 en 2010; baixará ata o 6 por 100 en 2011; ao 4,4 por 100 en 2012; e pechará o período nun 3 por 100 á altura de 2013.
Polo que se refire á Administración central, o ano 2010 prevese un déficit do 5,9 por 100, que se reducirá ata o 2,3 por 100 en 2011; subirá o 3,2 por 100 en 2012; e baixará, finalmente, o 2,1 por 100 en 2013. As estimacións para as Comunidades Autónomas prevén un saldo negativo do 3,1 por 100 en 2010; do 3,3 por 100 en 2011; do 1,3 por 100 en 2012 e do 1,1 por 100 en 2013.
En canto ás Entidades Locais, estímase un déficit do 0,6 por 100 en 2010; dun 0,8 por 100 en 2011; dun 0,3 por 100 en 2012; e dun 0,2 por 100 en 2013. Polo que respecta á Seguridade Social, a estimación é dun saldo positivo do 0,2 por 100 do PIB en 2010 e do 0,4 por 100 nos tres anos restantes.
Dentro deste marco, hai que aclarar que as cifras de déficit de 2010 e 2011, particularmente as do Estado e as das Comunidades Autónomas, están condicionadas polo efecto das liquidacións negativas das Administracións territoriais nos exercicios de 2008 e 2009. En relación ao exercicio de 2008, estas devolucións superarán os sete mil millóns de euros, mentres que as correspondentes ao exercicio de 2009 estarán no ámbito dos vinte e cinco mil millóns de euros.


Límite de gasto non financeiro do Estado

Xunto ao obxectivo de estabilidade presupostaria para o período 2011-2013, tamén se decidiu a remisión ao Parlamento do límite de gasto non financeiro do Estado para o ano 2011. Dado que os ingresos estimados para o próximo ano en termos de Contabilidade Nacional son de 104.539 millóns de euros, que o obxectivo de déficit do Estado é do 2,3 por 100 do PIB e que existen axustes de Contabilidade Nacional por valor de 21.186 millóns de euros, o límite de gasto en termos de Contabilidade Nacional ascenderá a 150.056 millóns de euros.
Esta cifra, non obstante, non é comparable coa de 2010, xa que o novo sistema de financiamento autonómico supón un descenso do presuposto de gastos debido ao menor importe do Fondo de Suficiencia. Por iso, é preciso eliminar o gasto derivado dos sistemas de financiamento de Comunidades Autónomas e Entidades Locais para que a comparación sexa homoxénea. Unha vez efectuados estes axustes, o límite de gasto non financeiro para 2011 quedará establecido en 122.256 millóns de euros, o que supón un descenso do 7,7 por 100 respecto ao presuposto de 2010 en termos homoxéneos.