FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Castro reúnese con Chaves para analizar o desenvolvemento do Decreto sobre dedución do déficit


O Presidente da FEMP, Pedro Castro, mantivo na tarde de hoxe unha reunión co Vicepresidente Terceiro do Goberno e Ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, para analizar o desenvolvemento do Real Decreto para a redución do déficit, publicado hoxe polo Boletín Oficial do Estado.


Ao termo da reunión, Pedro Castro informou que o Vicepresidente lle explicou as razóns polas que se tomaron as medidas contidas no Real Decreto e remitiu á reunión que mañá celebrará a Comisión Executiva da FEMP a adopción da posición oficial da Federación respecto ás medidas concretas que afectana os Concellos.
Así mesmo, afirmou que o Vicepresidente e Ministro de Política Territorial se comprometeu a reunirse de novo coa FEMP para analizar o desenvolvemento do Decreto e as súas consecuencias nas Entidades Locais.
Pedro Castro dixo que é o momento da responsabilidade de todos, porque o que importa é o beneficio do interese xeral do país.
Así mesmo, asegurou que a prioridade destas medidas é a solidariedade dos traballadores en beneficio daqueles que non traballan e que buscan crear condicións económicas que "tendan a animar" a economía e a crear emprego.