FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

A débeda das Entidades Locais descende ao 3,3% do PIB


A débeda dos Gobernos Locais baixou no último trimestre de 2010 a 35.442 millóns de euros, o equivalente ao 3,3% do PIB, unha décima menos que no terceiro trimestre dese ano, segundo datos do Banco de España coñecidos hoxe.



Esta cifra, non obstante, supón un aumento do 2,1% respecto á débeda total das Entidades Locais. Desta cantidade, 28.769 millóns de euros corresponden a Concellos e, o resto, 6.357 millóns de euros, a Deputacións, Cabidos e Consellos Insulares.
A débeda pública española en 2010 foi de 638.767 millóns de euros, e situouse no 60,1% do PIB. Desta porcentaxe, o 45,9% do PIB, corresponde a débeda da Administración Central, o 10,9% ás Comunidades Autónomas e o 3,3% ás Entidades Locais.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)