FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

O Presidente da FEMP esixe a cooperación efectiva de todas as administracións europeas para reactivar a económica e crear emprego


O Presidente da FEMP, Pedro Castro, reclamou a cooperación efectiva de todas as administracións europeas para conseguir a reactivación económica e crear emprego. Ante os Ministros de Política Territorial reunidos na cidade de Málaga, defendeu o papel estratéxico dos Gobernos Locais para lograr unha maior eficiencia nos recursos e obter mellores resultados e pediulles que non desaproveiten a capacidade dos municipios e a inmensa rede que forman en Europa.


Na súa intervención, pediu que os Gobernos Locais sexan tratados como "socios ideais e non meros intermediarios" na definición e aplicación das políticas e estratexias comunitarias.

Pedro Castro reiterou o compromiso dos Gobernos Locais españois de contribuír á reactivación económica, "co noso esforzo, os nosos medios e a nosa capacidade de impulso e liderado no territorio" e afirmou que é fundamental aproximar a toma de decisións da Unión Europea e dos Estados aos seus destinatarios finais, os cidadáns. Por iso, pediu unha aplicación efectiva do principio de subsidiariedade, recoñecido de forma explícita no Tratado de Lisboa,

As palabras de Pedro Castro escoitáronse na sesión de traballo sobre Subsidiariedade que tivo lugar no marco da Reunión Informal de Ministros de Política Territorial que se celebra con motivo da Presidencia Española de Unión Europea.


O Alcalde de Getafe reivindicou o valor da proximidade dos Gobernos Locais en calquera estratexia para lograr un bo goberno multinivel -unha dos obxectivos que inspiran a reunión de Ministros de Málaga- e a súa achega na elaboración e execución das políticas públicas, especialmente as territoriais e de cohesión.

O Presidente da FEMP destacou que os municipios forman "a máis ampla rede pública europea e a única que abrangue todo o territorio" e que, polo tanto, contribúen decisivamente á cohesión social e ao impulso e desenvolvemento do novo modelo produtivo sostible, creativo e solidario "que todos pretendemos para Europa".

Na súa argumentación, dixo que os Gobernos Locais teñen xa a responsabilidade de aplicar preto dun 70% da lexislación comunitaria, un dato que "non" é casual" e que obriga a adecuar esta realidade aos mecanismos e órganos institucionais de cooperación e colaboración.

Esta realidade, segundo Pedro Castro, pon de manifesto a "importancia clave" do principio de subsidiariedade para achegar Europa ao cidadán e como "referencia imprescindible" na ordenación e execución das políticas públicas.

Documentos relacionados_gl

Documentos relacionados_gl

Nota

(0.0Kb)

18/03/2010

> Ir a la videoteca_x