FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

Os Alcaldes europeos subscriben o pacto para reducir un 20% as emisións de CO2


Máis de 500 Alcaldes e Alcaldesas europeos comprometéronse en Bruxelas a reducir as emisións das súas cidades en máis dun 20% de aquí a 2020, en presenza dos presidentes da Comisión Europea, José Manuel Barroso, e do Goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero. A FEMP estivo representada polo Alcalde de Vigo e Presidente da Rede Española de Cidades polo Clima, Abel Caballero.


O Parlamento Europeo foi o escenario da cerimonia do Pacto de Alcaldes e o lugar no que os rexedores municipais se comprometeron a aforrar enerxía, fomentar as enerxías renovables e organizar campañas de información entre os seus cidadáns. A firma do pacto obrígaos a analizar e cuantificar as súas emisións actuais de CO2 e a expoñer publicamente as medidas que aplicarán para alcanzar o obxectivo fixado e avaliar as súas actuacións.

O Pacto de Alcaldes é unha conferencia anual iniciada pola Comisión Europea en 2009. Este ano, coa incorporación de máis de 500 Alcaldes, o número de signatarios elévase a 1.600, procedentes de 36 países e que representan 120 millóns de cidadáns.