FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

_area tematica: Desenvolvemento Rural e Pesca

A Área de Desenvolvemento Rural e Pesca, ten como obxectivo principal a defensa e promoción dos intereses dos municipios integrados nas zonas rurais ou os de escasa poboación.

Para favorecer este obxectivo, no seo da comisión de Desenvolvemento Rural e Pesca considérase prioritario xerar un debate permanente sobre os problemas do mundo rural, aportando propostas e iniciativas que axuden a dar resposta ás necesidades dos municipios rurais españois, constituíndo ademais unha vía de participación e representación dos mesmos na FEMP, e nos órganos da Administración do Estado relacionados coas políticas de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural.