FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

_area tematica: Seguridade e Convivencia Cidadá

A Área de Seguridade e Convivencia Cidadá ten como obxectivo xeral a promoción de medidas para fomentar a convivencia cidadá nos municipios.

Como desenvolvemento do citado obxectivo os responsables políticos e técnicos crearon unha ordenanza tipo de convivencia cidadá así como o estudo da modificación da actual Lei Orgánica de Forzas e Corpos de Seguridade, para clarificar as competencias municipais nesta materia, incorporando, como elemento esencial, o concepto de proximidade, e garantir un financiamento axeitado para o seu correcto desenvolvemento.

No mesmo sentido, a Área traballa no impulso do desenvolvemento regulamentario das Xuntas Locais de Seguridade e dos Consellos Locais de Seguridade; promove o desenvolvemento da actuación da policía municipal nas súas funcións de policía xudicial e a regulamentación das mancomunidades de policías locais; desenvolve medidas eficaces de protección integral contra a violencia de xénero no aspecto policial; colabora co resto das Administracións en actuacións e plans que promovan a seguridade vial.

Desenvolve actuacións en colaboración co Ministerio do Interior en materia de protección civil.

Por último, ostenta a representación dos Municipios, a través da FEMP, nos distintos órganos existentes relacionado coa materia.