FEDERACION ESPAÑOLA DE MUNICIPIOS Y PROVINCIAS

_area tematica: Facendas e Financiamento Local

A Área de Facendas e Financiamento Local ten como obxectivo principal establecer os medios e mecanismos necesarios para a efectiva realización do principio de suficiencia financeira das Entidades Locais españolas.
O traballo desenvolvido no marco desta Área oriéntase a crear tanto as Resolucións da Asemblea Xeral da FEMP en materia de  Facendas e Financiamento das Entidades Locais, así como os acordos do Consello Federal e da Comisión Executiva e a dar pulo a cantas actuacións sexan precisas para garantir o principio de suficiencia financeira.
En concreto:

 Elaborar estudos, propostas e informes.
 Velar polo cumprimento por parte doutras Administracións dos preceptos contidos no Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e normas afíns,
 Impulsar e perfeccionar a coordinación e cooperación coas outras administracións e entidades tanto nacionais como internacionais,
 Propoñer, deseñar, desenvolver e perfeccionar estratexias de actuación en materia financeira e tributaria,
 Afondar e desenvolver actuacións sobre homoxeneización de procesos administrativos en materia de Facendas Locais,
 Dar pulo á xeración de estatística local,
 Contribuír ao necesario proceso de modernización da Administración Local tanto en materia formativa como pola aplicación de novos sistemas e tecnoloxías da información,
 Deseñar e desenvolver liñas de actuación de carácter financeiro dirixidas ás Entidades Locais, no marco dos plans de ámbito estatal e comunitario, e
 Promover novos servizos e produtos financeiros destinados tanto á Administración Local como aos seus funcionarios.